· Xullo do 2007 ·
A
esperas de sacar o DVD+CD en directo. Tivemos que suspender e rechazar varias
datas por fractura de escafoides do baixista mentres facía de galiña. Preparando
absurdez para tocar no pobo. Tamén andamos liadísimos con oso outro grupete motor perkins. Ainda así este verán
imos grabar un CD de 12 temas absurdos e tocaremos un so día para non perder as
boas costumes. A pasalo ben. Saude.
· Xaneiro do 2007 ·
Estrenamos
ano, e facémolo con DVD baixo o brazo, o compartido con Soak e Skacha,
xa está todo mesturado e editado e listo para sair ás ruas en canto rematemos
de pechar as distris. Decir que sairá distribuido e editado de xeito
alternativo por todas as distris non comerciais coas que poidamos contar.
Ademáis estamos que non paramos, seguimos a tocar en canto nos chaman e se
pinta a ocasión. Saude.
· Principios de Novembro do 2006 ·
Por
fin, actualizamos a Web despois dun tempo sen poder facelo, cambios de
traballo, de domicilio e situacións varias fixeron que non nos fose posible.
Estamos a piques de remodelar a Web, tanto no deseño coma no concepto, de
momento voltamos á carga con novos concertos e en breve nas ruas o noso DVD en
directo con Soak e Skacha.
· Principios de Abril do 2006 ·

Por
fin, o disco xa na rúa, faite con un
ou mira a distribución. En preescoitas hai un par de temas dos
28 que van no disco. A presentación "oficial" é o día 7 na capital do
Deza (Lalín) cun concerto no "Rei
de Farán". En breve renovaremos páxina e fotoblog.
· Finais de Marzo do 2006 ·
Por fin, esta semana entregan o disco xa rematado, co libreto
encelofanado e con pegatina. En preescoitas
hai un par de adiantos. A presentación farase no povo cun concerto no "Rei de Farán". Esperamos colgar
boas instantaneas para renovar o noso fotoblog.
· Mediados de Marzo do 2006 ·
Problemas
no libreto do disco, todo solucionado e xa esta todo na fábrica, podedes ir a preescoitas para saber un pouco de
que vai. O Ceibe, Violento e Furtivo Tour
continúa, serán rexistrados dous dos concertos para un posible DVD compartido
polas tres bandas. O fotoblog
vai pouco a pouco pero vai indo. Saude.
· Mediados de Febreiro do 2006 ·
Xa
está o disco en proceso de fabricación, podedes ir escoitando on-line en preescoitas. O Ceibe, Violento e Furtivo Tour está a resultar un éxito
total porque o estamos pasando en grande. Como non, os nosos posicionamentos políticos continúan
invariables. E o fotoblog
segue a medrar. Saude.
· Principios de Febreiro do 2006 ·
Para
os máis impacientes podedes preescoitar algún dos temas que irán no disco na
nosa sección on-line de preescoitas.
Mentres tanto continúa o Ceibe, Violento e
Furtivo Tour co próximo concerto en Vigo. Os nosos posicionamentos políticos continúan invariables. E o fotoblog vaise
ampliando a medida que van medrando os grelos para o cocido. Saude.
· Finais de Xaneiro de 2006 ·
O
disco rematado, os presupostos pedidos, as distribuidoras en Def Con 1 así que
en breve estará dispoñible. Insistimos, contra calqueira inclemencia (salvo a
nevada que impediu ir a Ourense) continúa o Ceibe,
Violento e Furtivo Tour a dar a chapa. Podedes seguir mirando algúns dos
nosos posicionamentos políticos.
Saude,fotoblog,
e lacón con grelos.
· Metade de Xaneiro de 2006 ·
Seguimos
ampliando o fotoblog.
O disco está rematado, falta saber quen o fabrica, o libro ao final pasóusenos
e leva 120 páxinas (somos de ciencias pero tiñamos moito que contar). Contra
calqueira inclemencia continúa o Ceibe,
Violento e Furtivo Tour a dar a chapa. A raíz dunha polémica en Ferrol
engadimos unha sección con textos nos que explicamos e razonamos os nosos posicionamentos políticos. Saude e
unidade antifascista.
· Finais de Novembro do 2005 ·
Fixemos
un fotoblog que
o actualizaremos cando nos pete. O disco esta a piques de rematarse por fin,
con a metade del mesturado xa, o deseño feito e os selos pelexandose por
editalo. Entretanto continúa o Ceibe,
Violento e Furtivo Tour cos nosos amigos SKACHA e SOAK
alá por onde nos deixen. O concerto de apertura foi acojonante. Prepárate que
enseguida aterrizaremos no teu pobo.
· Principios de Novembro do 2005 ·
Arrincamos
con o concerto en CANGAS, única vila do Morrazo que nos quedaba por asaltar.
Serie de concertos cos amigos SOAK e SKACHA que se titula Ceibe, Violento &
Furtivo Tour e descargaremos alá onde nos queiran. Do disco estamos a
rematar un libretiño de 85 páxinas que o acompañará. Xa temos quen se comerá o
marrón, os simpáticos e bravos rapaces de Caos S.A. Records.
· Mediados de Setembro do 2005 ·
Continuamos
tra-las festazas na parroquia a preparar a seguinte descarga que será nas
contra-festas de Lalín cun cartelazo impresionante, dando a chapa coma sempre e
molestando todo o que se poida.
· Principios de Setembro do 2005 ·
Regresamos
actualizando a axenda de concertos da páxina, asi como unhas pequenas
modificacións para non ir borrando o que xa non cabía.
· Mediados de Agosto do 2005 ·
Ímonos de boda e de vacacións. Reanudaremos a nosa actividade en
Setembro cun máis que memorable concerto na nosa parroquia.
Por fin!!! despois de tantos anos os grupos da
parroquia tocamos na romaria do Montserrat. En represetación do Lugar de
Filgueiroa estaremos nos, representando ao lugar de Igrexa estarán SKARMENTO e
ÚLTIMA SAKUDIDA, e directamente do lugar da Penela estarán tocando os PARKAS.
Todo gracias a que Migueliño é ramista este ano...