web | fotoblog | polítiqueiradas


nas rúas a partir do 7 de abril
distribución / faite con un



CD extra de 80 minutos con 28 temas, 79'57" de ruido e molesto punk rock sen pelos na lingua e sen autocensuras para expresar disconformidade, manifestar noxo, tocar as narices e botar unhas risas. 17 temas nosos, 1 a medias cos descententes de Ith e 10 versións de grupos, poetas e solistas galegos desaparecidos, desfeitos ou mortos de moi diversos estilos (Fuxan os Ventos, Dirty Barrigitas, Suso Vaamonde, Desvirgheitors, Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez, etc...) Libreto de 120 páxinas cheas de textos con opinións e informacións completando os temas que darán para unhas cantas visitas ao retrete. Unha portada, unha contraportada, un recubrimeto encelofanado e unha pegatina de ADVERTENCIA... todo isto por 7 €uros, se che parece moi caro piratéao pero non abrases.

Os temas que podes escoitar aquí son dous, "Dinnos que Chove", un tema noso que formaba parte da banda sonora de "Hai que Botalos" e fala dunha visión da Galiza e os seus medios durante o réxime de Fraga, igual de actual posto que ata o día de hoxe, a pesares do prometido cambio político, as cousas ainda non mudaron moito. Atentos ao galego con acento de Bilbao que se gasta a colaboración do sr. Tonino... O outro tema e "o Lelo" de Fuxan os Ventos, e nos fala do problema da diglosia na Galiza, acentuado e promovido durante o réxime franquista.